29 enero 2014

PREPARANDO A VIAXE A TAMM

Esta semana sorteamos os nomes dos participantes no encontro que terá en Tamm (Alemania) entre os días 15 e 21 de maio.
Viaxarán cinco alumnos/as de 1º de bacharelato xunto con tres profesores/as.
Compraremos axiña os billetes e quedamos á espera do programa que nos enviarán os nosos socios alemáns.

15 enero 2014

PARTICIPANTES NA ASOCIACIÓN COMENIUS


Aquí estamos os profesores/as e alumnos/as que estamos a traballar nas actividades que se levan a cabo dentro da Asociación Comenius na que o centro está participando


13 enero 2014

VIAXAN A SIRACUSA


A próxima reunión da asociación Comenius na que participamos terá lugar en SIRACUSA (Sicilia) entre o 20 e o 26 de febreiro deste ano.
Viaxarán nesta ocasión:
As profesoras: Blanca Sebastián, coordinadora do proxecto e Ana Cuiñas
Os/as alumnos/as: Lorenzo Bosch, Lucía Cernadas, Silvia Neira, Olivia Oliveira, Sara Sierra
Desexámolles unha boa viaxe, seguro que a experiencia será moi gratificante.

ROMPIENDO ESTEREOTIPOS: A COMIDA

Próximamente terá lugar unha nova reunión cos nosos socios do proxecto COMENIUS, esta vez en Siracusa (Sicilia). 
Nesta reunión o tema central do traballo será a comida, reflexionaremos sobre a presenza de estereotipos sobre a comida que se come nos diversos países.

Unha primeira actividade consistiu na decoración dunha  árbore de nadal con productos típicamente navideños

Recent Comments