10 octubre 2013

O IES AFONSO X O SABIO PARTICIPA NUNHA NOVA ASOCIACIÓN COMENIUS.

Durante os cursos 2013/14 e 2014/15 o noso instituto participa nunha Asociación Multilateral Comenius xunto con centros de Alemaña, Polonia, Lituania, Italia e Turquía.
O título do proxecto é “ Destroying stereotypes, building a new Europe”. A lingua de traballo é o inglés e, con esa lingua como ferramenta, coñeceremos a realidade nos países dos socios, os seus sistemas educativos e a súa sociedade e veremos como os estereotipos que temos sobre os demáis países están a miúdo moi afastados da realidade da vida neses lugares.
Durante os dous cursos faranse reunións dos socios en todos os centros participantes.
O primeiro encontro terá lugar en Polonia entre os días 18 e 24 de Outubro. Viaxarán a Myslowice, cidade polaca situada na rexión de Silesia, preto de Cracovia, sete alumnos de 2º de Bacharelato xunto con dous profesores.
Durante o curso 2014/15, no mes de abril ou maio, recibiremos a delegacións dos outros cinco países socios no noso centro.

Neste blog podedes ter información actualizada das actividades da asociación, actividades que levamos a cabo, diario das viaxes...

ESPERAMOS CONTAR CON TODOS E TODAS PARA ENRIQUECER A EXPERIENCIA QUE COMENZA A ANDAR

Recent Comments