21 febrero 2014

PRIMEIRAS ACTIVIDADES EN SIRACUSA

Onte xoves 21 de febrero cinco alumnos/as e duas profesoras do centro saíron cara a Siracusa, importante cidade situada en Sicilia (Italia), para participar nunha reunión cos nosos socios do proxecto Comenius.
Ademáis de coñecer aos demáis participantes no proxecto, deberán presentar varios traballos que estiveron a elaborar sobre o tema central do proxecto (rompendo estereotipos) e aproveitarán para coñecer mellor esa parte do mundo tan rica en historia e arte sobre todo da época clásica.
Será unha enriquecedora experiencia tanto dende o punto de vista das relacións personais como na ampliación de coñecementos de todo tipo.
Tras chegar a Siracusa sen problemas, o alumnado foi recibido polas familias coas que van convivir durante estos días.
Hoxe foi o primeiro contacto co centro educativo onde foron recibidos dun xeito divertido e interesante con bailes sicilianos e logo comenzarán a posta en común das actividades realizadas.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Recent Comments