15 octubre 2014

COMENZA A VIAXE A ESTAMBUL

O próximo venres 17 de outubro duas profesoras e catro alumnos/as do noso centro comenzan a súa viaxe a Estambul para continuar co traballo desenvolvido no noso proxecto Comenius.
Esta viaxe suporá unha magnifica oportunidade para coñecer unha cidade chea de historia e unha sociedade distinta á nosa, estamos seguros de que non desaproveitarán esta experiencia, e á súa volta nos contarán as súas vivencias. Como adianto tedes unha presentación con fotos de Estambul, para ir vendo o que alí atoparán.
Coma sempre neste blog iremos poñendo as fotos e as noticias que nos envíen dende alá.
A súa volta será o seguinte venres 24 de outubro.


Recent Comments